Unha nova edición de A Lama En Ruta, organizada polo Concello e que desprazou a 3 autobuses completos a Coruña e Betanzos rematou con éxito e pese á choiva nos últimos momentos da mañá puido completar co itinerario previsto que incluía a visita a Aquarium Finisterrae, a Torre de Hércules, unha turnet polo centro da Coruña en bus para rematar cunha visita guiada polo casco histórico betanceiro.A xornada comezou ás 8 da mañá co tenente de alcalde, David Carrera, ubicando aos pasaxeiros en cada un dos 3 autobuses auxiliado polo alcalde, Jorge Canda e o concelleiro José Fortes.
A primeira parada foi o Aquariun Finisterrae onde puderon contemplar en cautividade varias especies de peixes, entre eles o tabeirón “Gastón” así como varias focas que estaban nos estanques exteriores.Logo aproximáronse á Torre de Hércules onde fixeron unha foto de grupo para lembrar esta excursión e logo, coa chegada da intensa choiva, optouse por realizar unha turnet polo centro da Coruña en autobús para coñecer os lugares máis emblemáticos da capital coruñesa.
A expedición xantou no Resturante As Rodas onde tivo lugar o sorteo de varios regalos doados por Cordal Decoración, de Pontevedra, para recadar fondos para Cruz Vermella de Pontevedra e a Asociación Síndrome de Down, impulsado por Mercedes Fernández. Os agraciados destes premios solidarios recibiron o aplauso dos viaxeiros.A tarde enteira dedicouse a unha visita guiada (3 grupos cada un co seu guía) polo casco histórico de Betanzos para logo disfrutar de tempo libre ata volver subir ao autobús de regreso á Lama, chegando os excursionistas sobre as 21 horas.
O alcalde, Jorge Canda, anunciou que debido ao éxito de A LAMA EN RUTA, estase xa organizando unha excursión para o mes de novembro a Lisboa e ao Santuario de Fátima de dous días por determinar.