O Concello recibiu unha subvención da Deputación para material para reparación de fugas no abastecemento de auga municipal

O Concello de A Lama recibiu unha subvención por Resolución Presidencial da Deputación de Pontevedra a 15 de decembro de 2022, por importe e de 9.712,22 euros, con destino
ao financiamento do investimento denominado “SUBMINISTRACIÓN DE MATERIAL PARA
REPARACIÓN DE FUGAS NA REDE DE ABASTECEMENTO DO CONCELLO”, ao abeiro das bases
reguladoras e convocatoria das axudas económicas a entidades locais da provincia de
Pontevedra para realizar actuacións de emerxencia que garantan o abastecemento de auga
potable domiciliaria ante a situación de seca, “Plan de emerxencia pola seca – 2022”,
Publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 174 de 12 de setembro de
2022.