O Concello da Lama volve poñer en marcha unha nova edición do seu veterano programa A LAMA EN RUTA que permitirá aos veciños e veciñas do municipio disfrutar dunha excursión a Aveiro (Portugal) que terá lugar durante toda a xornada do sábado 1 de abril.
O prezo por viaxeiro será de 20 euros e inclúe todos os seguros e o xantar no Hotel Imperial, que terán que escoller como segundo prato entre bacallau ou frango (polo á brasa).
Os interesados en participar deberán inscribirse CANTO ANTES nas oficinas do Concello ata o venres 24 de marzo e abonar os 20 euros do prezo da viaxe.
No momento de anotarse xa saberán en que autobús lles toca e o número do seu asento.
Os autobuses SAIRÁN ÁS 9 DA MAÑÁ DAS INMEDIACIÓNS DO CONSISTORIO E O CENTRO DE SAÚDE.