Ao abeiro da Orde do 5 de marzo de 2025, pola que se establecen as bases que regulan as subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol Rural) e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2025, o Concello de A Lama presentou a solicitude coa finalidade de obter unha subvención para a contratación de 3 persoas traballadoras desempregadas para a realización da obra ou servizo “Mantemento e valorización forestal de espazos naturais e camiños”, ao 100% da xornada, por un período de 9 meses, cun custo total de 51.643,71.- euros.
