O CONCELLO DA LAMA PON A DISPOSICIÓN DA VECIÑANZA AS ALEGACIÓNS AO PARQUE EÓLICO «GRECO» PREPARADAS POR TÉCNICOS DA EMPRESA ESPECIALIZADA TYSGAL

O Concello da Lama pon a disposición da veciñanza que se considere afectada pola implantación do proxecto industrial eólico «Greco» o modelo de alegacións preparado polos técnicos da empresa especializada en materia medioambiental, TYSGAL, co fin de que quen o desexe poida tramitalas diante da administración competente na materia.

O Concello da Lama actúa de xeito transparente cumprindo co compromiso acadado cos representantes da Comunidades de Montes afectadas co fin de asesorar e axudar no posible a que os afectados poidan presentar a correspondentes alegacións.

DESCARGA AQUÍ O MODELO DE ALEGACIÓN:

https://cloud.tysgal.com/s/kWjRt8qmynyC7YP