O CONCELLO DA LAMA COLABORA CO PROGRAMA «PLAN CORRESPONSABLE FEMUPO» PARA IMPULSAR A FORMACIÓN PROFESIONAL NO ÁMBITO DOS COIDADOS

O Concello da Lama colabora na difusión e desenvolvemento do programa “Plan Corresponsables FEMUPO”, unha iniciativa promovida pola Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra (FEMUPO) no marco do Plan Corresponsables impulsado polo Ministerio de Igualdade e desenvolvido en Galicia coa colaboración da Xunta de Galicia. O programa ten como finalidade profesionalizar e dignificar o sector dos coidados, favorecendo novas oportunidades de emprego para as mulleres da provincia. 

A través desta acción formativa gratuíta, dirixida a mulleres da provincia de Pontevedra, preténdese facilitar a capacitación e acreditación profesional no coidado de nenos, nenas e adolescentes, mellorando a empregabilidade nun sector cunha elevada demanda social. Entre os seus obxectivos destacan o fomento do emprego de calidade, o recoñecemento da experiencia adquirida nos coidados e a promoción da corresponsabilidade e da conciliación familiar e laboral. 

O Plan Corresponsables FEMUPO tamén presta especial atención ás mulleres do rural, achegando a formación a diferentes concellos e contribuíndo a reducir as barreiras de acceso á formación e ao emprego que existen nestes territorios. 

Desde o Concello da Lama anímase ás mulleres interesadas a participar nesta iniciativa, que ofrece formación especializada e apoio para acceder a novas oportunidades profesionais no ámbito dos coidados, un sector esencial para o benestar social e para avanzar cara a unha sociedade máis igualitaria e corresponsable. 

Información e inscricións: