O Concello da Lama é beneficiario dunha subvención de 16.902,64 euros destinada á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Esta iniciativa ten como principal obxectivo mellorar a cualificación profesional da mocidade, facilitando a adquisición de competencias técnicas e profesionais que favorezan o seu acceso ao mercado laboral.
💼 A través deste programa preténdese impulsar a empregabilidade das persoas mozas e contribuír á súa integración sostible no mundo laboral.
🇪🇺 A actuación enmárcase nas axudas convocadas pola Xunta de Galicia ao abeiro da Orde do 22 de maio de 2026, cofinanciadas pola Unión Europea a través do programa FSE+ Galicia 2021-2027.


