O Concello da Lama adxudicou o vehículo Mitsubishi PO-4715-BF en 1.028 euros na poxa pública deste ben moble declarado non utilizable e que viña prestando o servizo de protección e mellora do medio ambiente.
Unha vez asinada a formalización do contrato celebrado o pasado 8 de marzo procedeuse a anotar o alleamento do vehículo no Inventario Municipal de Bens ao efecto de actualizalo, unha vez formalizado.