A Axencia de Lectura e o Concello da Lama celebran o Día das Letras Galegas cun espectáculo teatral o 22 de maio no colexio

A Axencia de Lectura Municipal e o Concello da Lama celebran o Día das Letras Galegas o vindeiro mércores 22 de maio ás 15 horas cun espectáculo teatral no salón de actos do Colexio da Lama a cargo do grupo «Polo Correo do Vento» e financiado pola Deputación de Pontevedra.

Con esta iniciativa, a Axencia de Lectura e o Concello da Lama achegan a vida e obra de Luísa Villalta á comunidade escolar co fin de mellorar o coñecemento sobre esta escritora á que se homenaxea no Día das Letras Galegas.