Aberto o prazo para adquirir os tickets que dan dereito a participar no Xantar da Terceira Idade nas Ermidas o vindeiro 4 de agosto

Todas aquelas persoas que queiran participar no tradicional Xantar da Terceira Idade, que se celebrará o xoves 4 de agosto na carballeira das Ermidas (Antas) poden pasar a retirar os tickets polas oficinas municipais.

O Concello da Lama acaba de editar un Bando onde se especifican os requisitos para disfrutar do xantar a un prezo bonificado de 10 euros por persoa ou de 30 euros nos demais casos.

O prazo para poder dispoñer dos tickets que dan acceso ao Xantar da Terceira Idade remata o 29 de xullo.