ABERTO O PRAZO PASA SOLICITAR CALQUERA DAS CATRO VIVENDAS SOCIAIS DO CONCELLO DA LAMA UBICADAS NAS ANTIGAS CASAS DOS MESTRES

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publica hoxe a apertura do prazo de 15 días para solicitar unha das 4 vivendas sociais (as antigas casas dos mestres) dos que dispón o Concello da Lama e que irán destinadas a vivenda habitual e permanente de unidades de convivencia con ingresos inferiores a 2,5 veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples, máis coñecido polo IPREM.

Estas catro vivendas teñen duas plantas. Na planta baixa está o salón, cociña-comedor, almacén e terraza extrerior e na superior está ubicado o dormitorio principal, dormitorio 1, dormitorio 2, baño, lavadoiro e distrubuidor.

PARA MÁIS INFORMACIÓN CONSULTAR AS BASES NA SEDE ELECTRÓNICA DO CONCELLO DA LAMA:

https://concellodalama.sedelectronica.es/