O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publica hoxe o anuncio da apertura de prazo para optar á concesión do Bar-Cafetería das Ermidas, de titularidade municipal do Concello da Lama.
Os interesados terán 30 días para presentarse e o canon anual establecido e que serve de base á licitación é de 323,98 euros, que se corresponden co 5% do valor do ben.