O alcalde do Concello da Lama, David Carrera, editou un Bando Informativo sobre o Programa de Termalismo Social IMSERSO 2024 para pensionistas do sistema de Seguridade Social de xubilación ou invalidez, pensionistas de viudedade de 55 anos ou máis, pensionistas por outros conceptos con 60 anos de idade ou máis, asegurados ou beneficiarios do sistema de Seguridade Social española con 65 anos ou máis.
O prazo de presentación son ata o 10 de xaneiro de 2024 para as quendas dos meses de febreiro a agosto e ata o 15 de maio de 2024 para as quendas dos meses de setembro a decembro.
PARA MÁIS INFORMACIÓN, DIRIXIRSE AO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DA LAMA.