A Xunta de Galicia, ao abeiro da Resolución de 12 de marzo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, financiadas no marco do eixe REACTUE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 (DOG núm. 56 do 24 de marzo de 2021), en virtude da resolución da directora xeral de Augas de Galicia do 21 de xullo de 2021, concedeu unha subvención por importe de 29.970,69 €, para o investimento denominado “MELLORA NA REDE DE SANEAMENTO DE LAXEDO, COVELO (A LAMA)”.