O Multiusos da Lama serviu de escenario para a representación da obra de teatro infantil “Cartoóns” protagonizada polos clowns Josito Porto e Víctor Mosqueira e que chega a este concello a través do programa “Ler Conta Moito” da Rede de Bibliotecas de Galicia, subvencionado pola Xunta que conta coa colaboración do Concello da Lama.
Josito Porto e Víctor Mosqueira contan unha historia na que se aborda de xeito lúdico valores como a colaboración, o traballo colectivo, a solidariedade, a consciencia ecolóxica, a empatía social, a autosuficiencia e a reciclaxe.
Os personaxes son dúas persoas que perderon todo e teñen que aprender a facelo todo de novo, dende a cunca na que beber ata o smoking que necesitan para acudir a unha gala.
Todo isto parece un drama, mais non é. Os clowns, que teñen algo de dibuxo animado (cartoons) no seu modo paródico e eficaz de comportarse, viven rodeados de cartóns, nun mundo de carsón, esa materia valiosísima que, inexplicablemente, nos tiramos ao lixo diariamente.
O cartón serviralles para construir casas, tubaxes do gas, cortinas das xanelas, revisteiro, rolo de papel hixiénico, bandeixas, edredons, motos, parasol de praia, catalonxe, skis, ponchos, avións, emparrados….
As escenas descritas, estimulan no auditorio infantil o impulso lúdico, a capacidade mimética, a plasticidade imaxinativa e a creatividade orientada. Tamén é un vehículo este espectáculo, de valores, como a colaboración, o traballo colectivo, a solidariedade, a consciencia ecolóxica, a empatía social e a autosuficiencia.
A obra estimula a posibilidade de converter o refugallo en bens de uso e tamén incide nas tres famosas «R»s do ecoloxismo: reducir, reutilizar, reciclar.