O alcalde inspecciona a marcha da primeira fase das obras de ensanche do Camiño da Volta do Río en San Lourenzo

O alcalde do Concello da Lama, Jorge Canda Martínez, supervisó esta mañá a marcha das obras de ensanche e mellora do Camiño da Volta do Río, en San Lourenzo (Escuadra) e que permitirá un mellor acceso rodado a un pequeno barrio habitado por media ducia de casas e onde había serios problemas de entrada para vehículos de emerxencia. Estas obras pódense acometer grazas á colaboración veciñal xa que un par de persoas cederon parte do muro da súa propiedade para poder efectualas.

Estos traballos que se están executando en dúas fases, permitirán aos veciños deste lugar da parroquia da Escuadra poder acceder mellor ás súas vivendas e tamén propiedades xa que o camiño existente era moi estreito e presentaba achicamentos por mor de caída e movementos de muros.

Precisamente a construción de novos muros e algún peche perimetral son os principais traballos que se están acometendo na primeira fase que prevé, xunto á segunda, o formigando do vial ata chegar ao propio río Barbeira facilitando no final do camiño unha pequena explanada, a modo de praza, para que os vehículos poidan da-la volta cómodamente para poder emprende-lo camiño de volta.

Asemade, esta paraxe xunto ao río Barbeira, en San Lourenzo, quedará mellor comunicado e poderá permitir o acceso non so a residentes senón tamén a visitantes que se achegan ata este lugar para contemplar unha pontella de bela feitura e varios muíños, entre eles o da Fachica, que constitúen parte do patrimonio etnográfico do concello da Lama.

AGRADECEMENTO DO ALCALDE Á COLABORACIÓN VECIÑAL

Canda agradeceu tamén a colaboración veciñal para poder realizar esta obra xa que o propietario dun terreo cedeu parte do seu muro, que pudo retranquearse, para poder lograr un ensanche axeitado para que agora podan circular os vehículos con maior fluidez xa que a configuración do camiño facíanno moi complicado se non fora pola cesión deste veciño.

Segundo o alcalde, Jorge Canda “con este tipo de actuacións, e coa colaboración veciñal, melloramo-la accesibilidade dos residentes ás súas vivendas, aumentamos o grao de seguridade xa que poden entrar vehículos de emerxencias que antes eran casi imposible e tamén revalorizamos a zona ao ter maiores posibilidades de acceder para vehículos rodados, hoxe fundamental para afianzar poboación no medio rural”, sinalou o rexedor lamense.

Estas dúas fases de actuación así como a mellora do Camiño do Crego suporán un investimento municipal que ronda os 30.000 euros e que irán destinados a mellora-las condicións de accesibilidade e comunicación interior dos viais municipais dos distintos lugare e aldelas do concello.