O ALCALDE JORGE CANDA SUPERVISA O INICIO DAS OBRAS DE MELLORA DO CAMIÑO DO CREGO

O alcalde da Lama, Jorge Canda Martínez, supervisou o inicio dos traballos de asfaltado e mellora do Camiño do Crego, en Escuadra, que forma parte da actuación que se levará a cabo a través do Plan Concellos da Deputación na zona e que permitirá resolver tamén os problemas do firme existente no Camiño de San Lourenzo. En total o Concello investirá nestas dúas actuacións un total de 34.100 euros.

Con esta actuación o alcalde e o grupo de goberno do Concello da Lama busca mellora-la rede viaria interior do municipio atendendo ás demandas veciñais en materia de seguridade vial, reposición de firme e mellora da comunicación e accesibilidade aos núcleos rurais.

A actuación posta en marcha polo Concello da Lama suporá unha suplementación importante da capa de rodadura existente deixando o firme existente en mellores condicións ao recibir unha maior carga e grosor de asfalta eliminando por completo os numerosos baches existentes que se veían agrandados polo efecto das malas condicións metereolóxicas dos sucesivos invernos.

Deste xeito o Camiño do Crego, feito en pendente, contará cunha mellores condicións para o acceso rodado a diversas vivendas que se comunican a través deste vial e que co novo firme fará máis accesible e transitable este traxecto para todo tipo de vehículos.