O alcalde da Lama, Jorge Canda Martínez, editou un bando mediante o cal se informa á cidadanía que para seguir coa observancia das novas normas derivadas do Covid-19 as oficinas municipais atenderán ao público previa cita a través do teléfono 986 76 82 38 para evita-las aglomeracións e concentración de xente que se estaba observando nos últimos días e que facía complicado mante-lo distanciamento social e as recomendacións de aforo no Consistorio.
Para poder ser atendidos nas oficinas xerais, a Alcaldía, Servizos Sociais, OMIX/Biblioteca, Xulgado de Paz, a avogada do CIM, a psicóloga do CIM ou Urbanismo deberán chamar antes ao teléfono 986 76 82 38 e concertar unha cita para poder ser atendidos en debida forma, con seguridade e mantendo tódolos protocolos sanitarios establecidos para as administracións públicas durante o periodo marcado polo Covid-19 e esta pandemia mundial.
O alcalde, Jorge Canda, lamenta os contratempos que e lle poda ocasionar a algún veciño ou veciña en concreto, pero a necesidade de observa-las medidas de seguridade sanitaria fan aconsellable que se teñan que tomar este tipo de medidas para a boa organización e atención segura á cidadanía.