O Concello da Lama mantén aberta unha nova campaña de fomento da natalidade e o empadroamento a través da entrega de “cheques bebé” en concepto de axudas por fillo/a nacido/a ou adoptado entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do 2019. A cuantía das achegas será de 1.000 euros pagadeiros en dúas anualidades.
O prazo para solicitar acollerse a esta iniciativa remata o vindeiro 30 de outubro e poderán ser beneficiarios das axudas un dos proxenitores ou adoptantes de menores con residencia fixada no concello da Lama no que debe estar empadroado, con 12 meses de antelación ininterrompidos, como mínimo, ao nacemento ou adopción. Asemade, os beneficarios deberán constar como empadroados tamén no momento de recibilas axudas.
As axudas por fillo/a nacido/a ou adoptado/a serán de 1.000 euros e no caso de partos múltiples terase dereito a obter un 40% adicional por un segundo e un 20% por seguintes fillos/as. A subvención repartirase do seguinte xeito: o ano da concesión o 50% e a outra metade na anualidade seguinte.
A documentación que deben presentar os interesados en acollerse a estas axudas será o DNI do solicitante, certificado de nacemento do recén nacido/a emitido polo Rexistro Civil ou copia da resolución xudicial no caso de adopcións.
Tamén deberán entregar un certificado de convivencia, así como os correspondentes de Facenda, Hacienda e Seguridade Social de estar ao corrente coas súas obrigas tributarias e, finalmente, certificado da titularidade da súa conta bancaria.
O prazo final da entrega de solicitudes remata o 30 de outubro e os impresos deberán ser entregados nas Oficinas Municipais ou por sede electrónica.