O Concello arranxa a rede de sumidoiros en Laxedo e obriga á empresa executora das obras a correxir eivas detectadas polos veciños

O alcalde da Lama, Jorge Canda Martínez, realizou unha inspección ocular ás obras de arranxo da rede de sumidoiros do barrio de Laxedo (Covelo) e obriga á empresa adxudicataria a refacer un tramo de 10 metros que non reunía as condicións necesarias da contratación co fin de corrixir eivas detectadas polos veciños e o propio persoal municipal.

Os traballos que se están levando a cabo no barrio covelense de Laxedo van orientados a mellora-la rede de sumidoiros existente na zona e elimina-los problemas derivados da falla de caída suficiente que facía que os resíduos se foran acumulando, sobre todo no verán, e provocando o entullo das tuberías e un cheiro moi acusado sobre todo no periodo de calor estival.

Durante a execución destes traballos tanto veciños como persoal municipal percatouse de que nun tramo de dez metros aproximadamente as obras feitas non daban resposta axeitada aos fins que se perseguían ao facer estas melloras o que provocou que desde a Alcaldía se dera a orde pertinente á empresa adxudicataria para que refixera o que estaba feito e se lle dera a solución pertinente a este trazado.

Por outra banda sinalar que os traballos seguen a bo ritmo e permitirase deste xeito que as reparacións e as obras que se están executando favorezan o tránsito das augas negras do barrio covelense de Laxedo con destino á depuradora de Covelo.

O alcalde, Jorge Canda, que disertou a pé de obra con veciños do lugar sobre a idoneidade dos traballos a realizar manifestou que “é unha prioridade deste goberno atende-las demandas veciñais e resolver en tempo e forma os problemas que se poidan detectar sobre todo en materia tan sensible como é a rede de sumidoiros. Esperemos que coas reparacións feitas e co tramo que se vai a refacer o alcantarillado en Laxedo funcione como é debido e non se volvan repetir eses problemas de entullo que se detectaban de xeito máis acusado no verán”, sinalou o rexedor.