O Concello da Lama anuncia a convocatoria de novas axudas económicas para afectados pola crise da Covid-19

O Concello da Lama convoca unha nova liña de axudas para persoas físicas ou xurídicas que exerzan a actividade económica no Concello de A Lama, dados de alta no Imposto de Actividades Económicas con anterioridade ao 14 de marzo de 2020, e atoparse en algún destes casos:

  • Que realicen unha actividade non esencial no municipio e que resultase afectada polo peche forzoso de establecementos,
  • Que pola actividade esencial que desenvolven sufriran unha minoración de facturación como mínimo dun 75% con relación o exercicio 2019.

REQUISITOS E DOCUMENTACIÓN: o establecido nas Bases publicadas no BOPPO núm. 212, do día 04.11.21. Tamén no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello A Lama (https://concellodalama.sedelectronica.es/)

CUANTÍA DA AXUDA:

1) 500 € para as persoas físicas ou xurídicas que realicen unha actividade que se viu obrigada ao peche de actividade.

2) 400 € para as persoas físicas ou xurídicas que realicen unha actividade que non se viu afectada polo peche de establecementos obrigatorio, sempre e cando sufriran unha minoración de facturación como mínimo dun 75%, con relación ao exercicio 2019.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Do 12.11.21 ao 02.12.21.

Principal