O Concello da Lama recibiu unha subvención do Plan Marco para mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-21, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020 e do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2020, concedidas respectivamente por AGADER (Xunta de Galicia) e pola Deputación Provincial de Pontevedra para o REFORZO DO FIRME NO CAMIÑO DE PORTO, na parroquia de Verducido da Lama, tramitada mediante contrato menor e adxudicada a Construcciones E.C. Casas por importe de 39.703,98 euros e 8.337,84 euros de IVE.
Así, para a realización destas obras AGADER achega por medio do Plan Marco de Mellora de Camiños Municipais de Acceso a Parcelas Agrícolas o importe de 39.796,61 euros mentras que a Deputación de Pontevedra, a través do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) aporta 8.357,29 euros.
Tamén se recibe axuda económica para o Control de Calidade das Obras de Reforzo do Firme no Camiño de Porto, no concello da Lama, tramitada mediante contrato menor e adxudicada a Eurotec Inspeccion, S.L.U por importe de 525 euros e 110,25 euros de IVE dos cales AGADER faise cargo de aportar 700 euros e a Deputación, a través do Plan Concellos 161,70 euros.