O Pleno da Corporación Municipal do Concello da Lama aprobou por unanimidade as Contas Xerais do ano 2021 que arroxan un remanente de tesourería para gastos xerais de 594.163,27 euros o que permitiu habilitar 80.000 euros para reforzar varias partidas que son precisas fortalecer para atender as facturas que previsiblemente terá que facer fronte o Concello relacionadas co consumo eléctrico e o combustible que está acadando importantes aumentos de prezo.
O orzamento municipal do pasado exercizo saldouse cun operativo económico que duplicou o inicalmente previsto para o ano 2021 xa que as contas municipais partiron de 1.598.700 euros cando a realidade da execución superou os 3,4 millóns de euros.
A Corporación Municipal aprobou tamén unha proposta de regulamento interno sobre a aplicación do teletraballo para os funcionarios municipais que saiu adiante coa apoio dos concelleiros do PPdeG e o voto en contra de Cs.
No tocante a mocións, o Pleno aprobou a presentada polo Grupo Municipal do Partido Popular relativa á petición á Deputación dun plan específico de apoio aos pequenos e medianos concellos ante o incremento do gasto corrente provocado polo prezo da enerxía eléctrica, do gas, do combustible e do subministro de todo tipo de materiais. A moción foi aprobada por unanimidade.
No capítulo de rogos e preguntas, o voceiro de Cs, Andrés Cal, pediu que o Concello volvera solicitar a presenza da Unidade Móbil de ITV para facilitar que os vehículos agrícolas puderan pasar esa inspección sen ter que se desprazar. O alcalde indicoulle que xa se tiña pedido en polo menos 3 ocasións, pero ao ter establecido un calendario itinerante que chega ata concellos limítrofes os responsables deste servizo son reacio a amplialo á Lama.
Cal tamén se interesou pola posiblidade de amosar a través das bandeiras a condena da guerra de Ucraína e un xeito de se solidarizar coas vítimas deste conflicto colocando as insignias a media asta. O alcalde quedou en consultar a normativa para ver si era posible atender a súa petición e desbotou, como sinalu inicialmente o edil de Cs a posibilidade de que lucira na fachada principal do Consistorio a bandeira de Ucraína.