O Concello leva a cabo as obras de mantemento rehabilitación da capela do cemiterio da Escuadra

O alcalde da Lama, Jorge Canda, manifestou que as obras de mantemento e de rehabilitación da capela do cemiterio da Escuadra realizadas polo Concello lamense con fondos propios dá resposta ás peticións veciñais realizadas neste sentido e que se mantiñan á espera de poder dispoñer de orzamento para ser acometidas.

Os traballos realizados polo Concello permiten acondicionar a capela do cemiterio da Escuadra, eliminarlle os graves problemas de humidade e preparala dun xeito adecuado para que poida ser utilizada pola comunidade veciñal en canto sexa requerida.

Asimismo se levaron a cabo traballos de mantemento e mellora do espazo mortuorio municipal para dar resposta positiva ás deficiencias que polo paso do tempo e a inclemencia metereolóxica se foran producindo ao longo dos anos e que agora se resolven coa intervención do Concello da Lama.

Segundo manifestou o alcalde, Jorge Canda, “estamos acometendo estas obras con fondos propios e a medida que podemos porque as necesidades no concello son moitas e temos que ir resolvendo a medida que dispoñemos de fondos ou mesmo de persoal en moitos casos para resolver os problemas que nos plantexa a veciñanza. Penso que con estes traballos que se están facendo no cemiterio da Escuadra damos resposta ao que nos pedían os veciños e veciñas”, indicou o rexedor lamense.