O Concello da Lama realiza unha auditoría para minimizar as perdas de auga do sistema de abastecemento municipal

O Concello da Lama ten concedida unha subvención, por Resolución da directora de Augas de Galicia a 17 de Agosto de 2022, para a realización da AUDITORÍA MUNICIPAL DE ABASTECEMENTO E O PLAN DE ACTUACIÓN PARA MINIMIZAR AS PERDAS DE AUGA DO CONCELLO DE A LAMA ao abeiro da RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas á realización de auditorías municipais de abastecemento encamiñadas á elaboración de plans de actuacións para minimizar as perdas de auga, e se convocan para o ano 2022.

Realizada a Auditoría Municipal do Abastecemento do Concello de A Lama, calculouse que, o rendemento técnico hidráulico do sistema de abastecemento municipal é do 68,65 %.