A Xunta apoia melloras nas infraestruturas municipais e ambientais da Lama cunha achega de case 127.000 euros

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luís López, visitou hoxe o concello da Lama, que recibiu este ano case 127.000 euros do Goberno galego para melloras en infraestruturas municipais e ambientais.Á súa chegada foron recibidos polo alcalde, Jorge Canda, o tenente de alcalde David Carrera e o concelleiro Domingos Ramos no Consistorio antes de emprender ruta polo municipio da Lama. No marco destas axudas, Natalia Prieto e Luís López coñeceron o funcionamento da biotrituradora e dos contadores de auga intelixentes adquiridos ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental (FCA) cunha achega de 65.530 euros.A compra da biotrituradora permítelle ao concello triturar restos vexetais e destinalos a compostaxe, sen ter que recorrer ás queimas controladas. Deste xeito búscase reducir a pegada de carbono, mellorar a estrutura do chan e reducir residuos. Pola súa banda, a instalación de contadores de auga intelixentes nos núcleos da Pedreira, Calcaterra e Fontecova reforza a aposta municipal por este tipo de aparatos iniciada o pasado ano, e que facilita a lectura dos contadores directamente desde o coche cun dispositivo Android e a correspondente aplicación. O obxectivo é controlar o consumo de auga e evitar fugas a prol dunha xestión sustentable do abastecemento.Natalia Prieto referiuse ao Fondo de Compensación Ambiental como unha importante liña de axudas para a mellora dos espazos naturais e da eficiencia enerxética no eido local. Posta en marcha en 2010, a Xunta leva investidos máis de 116M€ nesta iniciativa coa que se apoian distintas accións dos concellos a prol da sustentabilidade. No caso da Lama ao abeiro desta liña, ademais da adquisición da biotrituradora e dos contadores intelixentes, realizáronse melloras no alumeado público de Portomartiño. A Xunta colaborou nesta medida con 30.000 euros.Nova iluminación no campo de fútbol municipalNo marco do apoio ás administracións locais, a directora xeral referiuse tamén á Orde de infraestruturas de uso público, da que se beneficiou A Lama neste exercicio. Así, Natalia Prieto e Luís López achegáronse ao campo de fútbol municipal, no que se renovou a iluminación cunha achega de 31.326 euros. Estas actuacións súmanse ás executadas en anos anteriores, nas que o Goberno galego colaborou co concello cun orzamento que suma preto de 1,6M€.Segundo sinalou Natalia Prieto, a través destas liñas de axudas, a Xunta quere garantir un equilibrio no territorio entre o medio rural e urbano, o interior e a costa, que permita o desenvolvemento económico na totalidade da xeografía e que a cidadanía teña unhas óptimas condicións de vida con independencia do seu lugar de residencia. A sustentabilidade é outro dos obxectivos da Xunta no apoio ao eido local. Así, a directora xeral destacou a posta en marcha en 2023 dunha nova medida a prol da eficiencia enerxética nas instalacións municipais dotada con 2,6M€ e que se confinanciará con fondos FEDER.