O Concello, indignado por atoparense cascallos de obra espallados por varios contedores do lixo doméstico

O alcalde da Lama, Jorge Canda, amosou a súa indignación pola aparición de cascallos de obra repartidos por varios contedores de lixo doméstico espallados polo municipio co problema que eso representa polo dano nas máquinas de recollida e tratamento que supón eses residuos ademais de non ser o xeito axeitado para depositalos.


Jorge Canda lembrou que esa práctica está totalmente prohibida e o infractor exponse a recibir unha sever sanción posto que esa actuación é facilmente evitable si se recurre ao Punto Limpo do que dispón o Concello no polígono industrial de Racelo.
Canda indico que “ademais de non ser o xeito adecuado para desfacerse deste tipo de residuos, ao tiralos aos contedores de lixo doméstico poñen en serio risco o funcionamento das máquinas dos camións e das tolvas de procesado dos refugallos provocando serias avarías e de cuantioso custe para a súa reparación. Ademais saben que non se pode tirar e que dispoñemos dun Punto Limpo cun horario moi amplio para poder atender a recollida de voluminosos e de pequenos cascallos procedentes de reparacións domésticas”, insistiu o alcalde.


O Concello intensificará a vixianza en torno aos contedores de lixo co fin de localizar e evitar esta práctica que, por desgraza, non é un caso illado e está a provocar graves prexuizos para os intereses xerais da veciñanza xa que as avarías que provocan corren por cargo do erario municipal, aclarou o rexedor.


ENTREGA DESPROPORCIONADA DE ENSERES E VOLUMINOSOS


Por outra banda, o Concello da Lama está a detectar un depósito desproporcionado de enseres e voluminosos na vía pública que representa un problema importante desde o punto de vista estético e de operatividade. O Concello ten habilitado un teléfono de recollida domiciliaria destes elementos que é o 986 76 82 38 para avisar da recollida.


Prégase aos usuarios que fagan uso da chamada previa ao teléfono do Concello antes de facer estes depósitos de material na vía pública ou que se dirixan directamente ao Punto Limpo para un axeitado tratamento destes enseres que os veciños e veciñas desbotan das súas casas.