O servizo “CONCILIA A LAMA 2021” ten como finalidade ofrecer un servizo de apoio ás familias do Concello de A Lama para que poidan conciliar a vida persoal, familiar e profesional favorecendo a corresponsabilidade.
O Programa vai dirixido a nenos e nenas de 3 anos (cumpridos antes do primeiro día do inicio do prazo de solicitude) a 12 anos, empadroados no Concello de A Lama.
Se quedasen prazas baleiras poderían inscribirse nenos e nenas NON empadroados no Concello de A Lama, cuxos proxenitores ou proxenitor/a traballe no termo municipal do Concello de A Lama. En cuxo caso terase que acreditar co certificado da empresa actualizado e coa vida laboral actualizada.
Período non lectivo de Nadal: Do 22 de decembro de 2021 ao 7 de xaneiro de 2022
Tipo de Horario | Hora de entrada | Horario de saída |
Horario normal | 9:00 | 14:00 |