O Concello da Lama convoca unha nova edición do obradoiro para iniciarse no manexo de ordenador e internet que comezará o 7 de setembro. Os interesados en participar nesta iniciativa formativa deberán inscribirse a través da administración electrónica do Concello ou dirixirse ao Centro de Información á Muller (CIM) da Lama xa que aínda quedan prazas.
Este obradoiro de iniciación á informática e internet terá como principais obxectivos ensinar aos asistentes a crear un correo electrónico, sacar unha vida laboral, retirar permisos de queima, pedir os recibos do ORAL, acceder a unha cita no médico, selar o paro por internet, presentar de forma electrónica documentación diante de calquera organismo, etc.
Este obradoiro conta coa subvención da Deputación de Pontevedra a través da Liña 2 do Plan Concellos e está estruturado en 4 bloques nos que se abordará a introducción á informática Hardware e Software; sistema operativo Windows; ferramentas ofimáticas; e internet, e-mail, redes sociais, plataformas dixitais, etc.
Un dos requisitos indispensables para poder inscribirse é estar empadroado no concello da Lama e os asistentes ao obradoiro faranno durante dúas horas á semana en horario de tarde. Os participantes serán elixidos por estricta orde de inscrición no rexistro do Concello.