O Concello da Lama recibiu unha subvención de 2.083,20 euros do programa «O teu espazo xuvenil», da Deputación Provincial de Pontevedra para equipamento de locais destinados á mocidade co fin de poder axudar aos concellos menores de 20.000 habitantes a dispoñer deste tipo de servizos e infraestruturas para a xuventude.