O Concello reorganiza provisionalmente o tráfico no entorno da Alameda para facilitar a mobilidade, o acceso e manter as zonas de aparcadoiro

O Concello da Lama reorganiza provisionalmente o tráfico no entorno da Alameda motivado polas obras de humanización co fin de facilitar a mobilidade, o acceso e manter as zonas de aparcadoiro.

Así deste xeito, facítase a circulación de vehículos, o acceso a zonas de equipamentos como o pavillón municipal, o tanatorio e cementerio así como a comunicación co barrio do Toural. Matéñense as zonas de aparcadoiro habituais diante do Aliprox e o Centro de Sáude e na Avenida do Concello.

No tempo que duren estas obras a Avenida do Concello cambia de sentido e o tráfico discurrirá desde o Centro de Saúde cara á Farmacia; mentras que a Rúa Igrexa, onde está ubicado o Bar La Terraza so poderá ser utilizada por autobuses, camións e residentes.

Para unha mellor compresión da reorganización provisional do tráfico o Concello publicará un plano explicativo moi didáctico e visual de fácil comprensión na web, nas redes sociais e colocarao nos sitios máis visibles do centro da vila ao tempo que solicita a máxima comprensión e pide disculpas polas molestias que se poidan ocasionar.