A Deputación concede ao Concello unha subvención de 5.929 euros para a redacción do proxecto de mellora da accesibilidade e seguridade peonil no entorno da rúa Alameda

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na sesión do 29 de decembro de 2023, aprobou, entre outros asuntos, a concesión de subvencións para a redacción de proxectos de recuperación de espazos públicos e creación de sendas peonís e/ou ciclables nos concellos da Rede Ágora, correspondéndolle a ese concello a cantidade de 5.336,10 € con destino á realización e financiamento da redacción do proxecto do investimento denominado “MELLORA DA ACCESIBILIDADE E A SEGURIDADE PEONIL NO ENTORNO DA RÚA ALAMEDA, A LAMA (PONTEVEDRA)”, por un importe total de 5.929,00 €.

Deste xeito o Concello de A Lama levo a cabo a seguinte contratación:

REDACCIÓN PROXECTO RECUPERACIÓN ESPAZOS PÚBLICOS E CREACIÓN DE ZONAS PEONÍS E/OU CICLABLES” tramitada mediante Contrato Menor e adxudicada por medio de Resolución de Alcaldía nº 2024-0109 de 12 de febreiro de 2024, ao contratista “CARLOS DANIEL BESADA FERREIRO” por importe de 4.900,00 € e 1.029,00 € de IVE (Expte.: 285/2024).

A Deputación Provincial de Pontevedra achega, por medio da mencionada subvención, o importe de 5.336,10 € para a realización das obras.