O mércores 20 de xaneiro colocarase na Alameda un punto informativo sobre o programa de Compostaxe doméstica

O vindeiro 20 de xaneiro o concello de A Lama colocará un punto informativo na Praza da Alameda, en horario de 10:00 a 14:00h permitindo aos veciños e veciñas interesados en participar no PROGRAMA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA a súa adhesión ao mesmo.

Os interesados deberán dispor dun espazo de horta e/ou xardín de superficie aprox. 50m2 (localizado no termo municipal de A Lama) onde colocar o composteiro que se lles aportará totalmente de balde, comprometerse a facer un uso responsable do mesmo, así como facilitar o seguimento por parte dos técnicos especialistas na materia. No momento da inscrición deberán aportar os seguintes datos:  Nome, apelidos, DNI, enderezo e referencia catastral da vivenda.

Estas accións forman parte do proxecto de compostaxe domiciliaria a escala local do Concello da Lama, que se desenvolve ao abeiro das axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de accións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo FEDER Galicia 2014-2020.

Cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, e con cargo ao programa operativo FEDER Galicia 2014-2020, o concello de A Lama ven de poñer en marcha un proxecto de compostaxe a escala local co que facilitar a 200 veciños deste municipio unha xestión adecuada dos biorresiduos que se xeran no fogar.

Así, o  mércores  20 de xaneiro ofrecerase aos veciños e veciñas interesados en informarse e/ou adherise a esta iniciativa a posibilidade de  facelo no posto informativo que se colocará Praza da Alameda en horario de 10:00 a 14:00h.