As novas restricións pola Covid-19 obrigan ao Concello a prestar atención cidadá por vía telefónica e telemática

As novas restricións decretadas polas autoridades sanitarias por mor da Covid-19 obrigan ao Concello da Lama a reducir á atención cidadá por vía telefónica e telemática. So se poderán atender presencialmente a aquelas persoas que previamente concerten cita por vía telefónica ou telemática e que acrediten a urxencia da súa consulta.

O Concello da Lama publicou un Bando asinado polo alcalde, Jorge Canda Martínez, no que se publicitan os números de teléfonos e as extensións correspondentes aos que se poden dirixir os veciños e veciñas do municipio para levar a cabo as súas consultas, xestións, etc.