O Programa de apoio a mulleres no ámbito rural e urbano cofinanciado pola Unión Eurpea, o Goberno de España e a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade chega á Lama da man da empresa de formación Acción Laboral.
Así, o vindeiro 25 de xaneiro terá lugar no concello unha xuntanza con aquelas mulleres interesadas en participar nesta iniciativa de orientación laboral, formación e obradoiros de competencias, itinerarios formativos, ofertas de emprego e compromiso de inserción laboral, ademais dunha bolsa de axuda de ata 400 euros por participante.
Para máis información poden dirixirse a María Chapela (teléfono 692 881 126, e-mail: mchapela.vg@accionlaboral.com) ou a Laura (teléfono 667 83 42 50, e-mail: lcovelo.vg@accionlaboral.com).