O Concello acomete a mellora do entorno da capela da Virxe de Lourdes en Barbeira de Arriba

O Concello da Lama está procedendo a realizar melloras no entorno da capela da Virxe de Lourdes en Barbeira de Arriba coincidindo coas obras de ensanche e ampliación da estrada Peso-Caroi e que están modificando substancialmente o trazado deste vial provincial.

O alcalde, Jorge Canda Martínez, supervisou os traballos de canteiría que se están levando a cabo no límite perimetral da estrada coa capela que, despois das obras, están a distinto nivel. Os traballos buscan tamén impermeabiliza-lo templo relixioso das escorrentías e augas pluviais que se podan filtrar debido á proximidade dun pequeno talude que actuaría de guía natural das choivas cara o muro exterior do recinto relixioso.

A medida que as obras da estrada Peso-Caroi vaian rematando e a acción das máquinas e dos operarios da empresa adxudicataria desta obra vaian finalizando o seu cometido, o Concello acometerá traballos de humanización e de mellora estética do entorno desta capela que conta con moitos devotos da zona e que conforma un espazo de uso veciñal xunto ao adro e o centro social alí ubicados.

O pequeño muro de protección e mellora estética que está levantando o Concello da Lama ademais de protexer á capela, permite ter unha maior seguridade vial no entorno, favorece a prevención de calquera problema de humidades no templo e mellora tamén o aspecto visual do entorno do recinto relixioso.