O CEIP da Lama acolleu este martes, 24 de maio, a representación ‘De Valdeorras a México. Terra a nosa’, ofrecida polo colectivo ‘Polo Correo do Vento’, coa que divulgou a biografía do poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987), homenaxeado pola Real Academia Galega no Día das Letras Galegas 2022, entre as xeracións máis novas do concello da Lama.
‘De Valdeorras a México. Terra a nosa’ alternou a narración da biografía de Delgado Gurriarán, coa creación dunha ilustración do autor e a interpretación de distintas pezas musicais. Este espectáculo contou ademais con tradución en lingua de signos, de maneira que foi accesible para todo o público que asistente. Para rematar, os nenos e nenas participaron pequeno coloquio na compaña de ‘Polo Correo do Vento’ e tamén dos seus mestres e do director do centro, Rafael Sánchez-Agustino. Antes de volver ás aulas, os alumnos e alumnas do CEIP A Lama tiveron a oportunidade de debuxar a súa propia caricatura do autor homenaxeado.