PUBLICADO NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DA SEDE ELECTRÓNICA DO CONCELLO DA LAMA A LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS NO PROGRAMA «CONCILIA A LAMA 2024»

O taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello da Lama publica a lista provisional de nenos e nenas admitidos no Programa «Concilia A Lama 2024» dirixido a cativos e cativas de 3 a 16 anos empadroados no concello ou que algún dos seus pais traballe no termo municipial da Lama.

Admitíronse todas as solicitudes presentadas que foron 13 e quedaron dúas vacantes que se cubrirán por orde de presentación daqueles candidatos que se inscriban nas oficinas municipais do Concello da Lama e que reúnan as condicións requeridas.

As actividades do “Concilia A Lama 2024” realizaranse en distintos espazos municipais como o Multiusos, o parque infantil da Alameda, etc. entre o 24 de xuño ao 10 de setembro e do 23 de decembro de 2024 ata o 7 de xaneiro do 2025 en horario normal de 9 a 14 horas e ampliado de 8:30 a 14:30 horas, en ámbolos dous casos de luns a venres.

Os obxectivos do “Concilia A Lama 2024” son, entre outros, desenvolver un programa educativo mediante actividades igualitarias, saudables e de respecto pola contorna e o medio ambiente, contribuír ao desenvolvemento persoal e social dos menores a través do disfrute dun lecer saudable, incentivar durante as actividades a responsabilidade e a autonomía persoal dos menores, etc.

Tamén se pretende promover diariamente hábitos de vida saudables a través de xogos e dinámicas lúdicas, realizar actividades específicas que fomenten a igualdade, a convivencia, a integración, cooperación e participación potenciando valores de amizade, compañeirismo e respecto.

Outro dos aspectos fundamentais que persiguen estas actividades será o fomento da sostenibilidade, o coidado do medio ambiente, a reciclaxe e o consumo responsable. Tamén promoverá a corresponsabilidade no ámbito doméstico animando aos participantes a colaborar todo o posible nas tarefas do fogar en función das súas capacidades.

Para máis información sobre a documentación a aportar, solicitudes e requisitos de baremación pódense consultar as bases no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello da Lama (www.https://concellodalama.sedelectronica.es)

CONSULTA A LISTA DE ADMITIDOS NA SEDE ELECTRÓNICA DO CONCELLO:

https://concellodalama.sedelectronica.es/preview-document.1