O Concello da Lama saca a licitación do alleamento de ben non utilizables mediante poxa pública dun vehículo de propiedade municipal Mitsubishi PO-4715-BF cun prezo de saída inicial de 700 euros.
Os interesados poderán presenta-las súas ofertas antes do 15 de febreiro do 2021 ás 14:30 horas nas Oficinas Municipais do Concello da Lama.
ANUNCIO DE LICITACION DO ALLEAMENTO DE BENS NON UTILIZABLES MEDIANTE POXA PÚBLICA “ALLEAMENTO DE VEHÍCULO PROPIEDADE MUNICIPAL MITSUBISHI PO-4715-BF”
1.- APROBACIÓN EXPEDIENTE DE ALLEAMENTO
Órgano: Alcalde do Concello de A Lama.
Data: Decreto da Alcaldía 28/01/2021
2.- ENTIDADE ADXUDICADORA
a) Organismo: Concello de A Lama
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaria
c) Domicilio: Avenida do concello, nº 1 – 36830 A LAMA
3.- OBXECTO DO CONTRATO
a) Tipo: Compravenda
b) Obxecto do contrato: “ALLEAMENTO DE VEHÍCULO PROPIEDADE MUNICIPAL MITSUBISHI PO-4715-BF”, destinado á protección e mellora do medio ambiente.
c) Número de Expediente: 13/2021
d) Código CPV: 34100000-8 – Vehículos de motor
e) Código NUTS: ES114
4.- PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN
Poxa Pública
5.- TIPO DE LICITACIÓN
Ao amparo do disposto no artigo 143 da Lei 33/2003, de 3 de novembro, do Patrimonio das Administracións Públicas, o orzamento base de licitación é de SETECENTOS (700,00 €) Euros.
6.- GARANTÍAS.
a) Provisional: Non se esixe.
b) Definitiva: Non se esixe.
7.- OBTENCIÓN DE DOCUMENTACIÓN E INFORMACIÓN.
a) Entidade: Concello de A Lama
b) Dirección: Avenida do Concello, nº 1- 36830 A LAMA.
c) Telefono: 986 768238
8.- PRESENTACIÓN DE OFERTAS
a) Data límite de presentación: QUINCE DÍAS a contar dende o día seguinte á publicación deste anuncio no perfil do contratante (ata o 15/02/2021).
b) Hora límite de presentación: Ata as 14:30 horas do último día de presentación de solicitudes.
c) Documentación a presentar: A establecida na cláusula 6ª do prego de cláusulas administrativas particulares
e) Lugar de presentación: Concello de A Lama sito en Avda. do Concello, nº1, en horario de 8:30 – 14:30.
9.- APERTURA DE OFERTAS.
a) Órgano: Mesa de Contratación
b) Domicilio: Avenida do Concello, 1 – 36830 A LAMA.
c) Data: A apertura e valoración das proposicións presentadas realizarase en acto público o 5º día hábil seguinte tras a finalización do prazo de presentación de proposicións (22/02/2020) as 10:00 horas, cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.
MÁIS INFORMACIÓN NO PERFIL DO CONTRATANTE DO CONCELLO DA LAMA.
ENLACE: https://concellodalama.sedelectronica.es/?x=9PvhOnOSD-JdmYeM13ckgA