O Concello da Lama acaba de editar un Bando no que se informa da apertura do prazo de presentación de solicitudes para participar no Programa de Termalismo Social IMSERSO 2022. O prazo de presentación de solicitudes establécese ata o 31 de decembro de 2021 para as quendas dos meses de febreiro a agosto e ata o 15 de maio de 2022 para as quendas dos meses de setembro a decembro. BENEFICIARIOS: Poderán ser beneficiarios deste programa a seguintes persoas: -Pensionistas do sistema da Seguridade Social de xubilación ou invalidez. -Pensionistas de viudedade cando se teñan 55 anos de idade ou máis. -Pensionistas por outros conceptos con 60 anos de idade ou máis. -Asegurados ou beneficiarios do sistema da Seguridade Social española con 65 anos de idade ou máis. -Valerse por si mesmos para as actividades da vida diaria e non padecer alteracións de comportamento que impidan a convivencia nos establecementos, nin enfermidade infectocontaxiosa. -Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicacións médicas para a recepción dos mesmos. A documentación que deben presentar é o DNI do solicitande e do cónxuxe. Para máis información, dirixirse ás oficinas municipais ou chamar ao teléfono 986 76 82 38. |