O Concello impulsa coa comunidade educativa do CEIP da Lama a implantación do «Plan Madruga» no centro escolar para o vindeiro curso

O Concello da Lama, a través do concelleiro de Cultura e Educación, Daniel Vdial, impulsa coa comunidade educativa do CEIP da Lama a implantación do “Plan Madruga” para o vindeiro curso que permitirá que se concilie mellor a vida laboral coa familiar ao ofrecer un horario de 7:30 a 10 horas da mañá para recepcionar aos cativos mentras non comeza a actividade lectiva do centro escolar.

A inteción do Concello é subvencionar o 50% do custe deste servizo de gardería matinal favorecendo así e incentivando tamén a matriculación de nenos e nenas neste centro educativo. De feito, agárdase que o novo curso escolar o CEIP da Lama supere os 90 alumnos que se poderían beneficiar deste novo servizo do “Plan Madruga”.

Este novo servizo sería coordinador pola nova directiva da Asociación de Nais e Pais (ANPA) que colle o relevo da anterior xunta encabezada por Macarena Solla, durante a cal se levaron a cabo importantes actividades e a transformación total do local de reunións da propia ANPA, lugar encargado de recepcionar aos cativos o vindeiro curso co “Plan Madruga”.

UN COLEXIO CON MÁIS SERVIZOS E PRESTACIÓNS

O reto da nova directiva encabezada por Pomba Longueiras será, entre outros, coordinar e poñer en marcha coa colaboración do Concello e do propio centro educativo este “Plan Madruga” cualificado como de fundamental para que o colexio siga ofrecendo e atendendo de xeito competitivo toda unha serie de servizos e prestacións educativas e complementarias como esta.

Os pais e nais do centro educativo recibirán en breve unha información completa e detallada sobre o funcionamento do “Plan Madruga” así como a tarifa mensual definitiva polo uso deste servizo de gardería que, segundo manifestaron tanto os responsables do Concello, a ANPA e o propio colexio, esperan que sexa o menor posible para que poida ser asumido polo maior número posible de familias.