O Concello da Lama está levando a cabo obras de ampliación e mellora do camiño de Fontecova coa intención de facilitar o tráfico rodado e o acceso por estrada de vehículos de emerxencia a un grupo de viviendas situados nesa ubicación.
O alcalde Jorge Canda e o tenente de alcalde David Carrera supervisaron os traballos que están a levar a cabo operarios municipais con recursos propios do Concello e que permitirán non so ampliar o camiño senón tamén dotalo de toda unha serie de elementos de drenaxe e canalización das augas pluviais para evitar que nos momentos de choiva produza problemas de anegamento e de deterioro do vial.
Jorge Canda sinalou que esta obra “lévase a cabo a petición dos veciños e para garantir que en caso dunha situación de emerxencia ou de acceso dunha ambulancia ás vivendas poida chegar en condicións. Ademais, este tipo de actuacións van orientadas a vertebrar a ampla rede de camiños e viais que temos no municipio para dar servizo á veciñanza”, indicou o alcalde.
Pola súa banda, David Carrera, insistiu na importancia de acometer este tipo de obras para “non so mellorar o acceso ás vivendas senón tamén que se aproveita para sanear as cunetas, preparar mellor as drenaxes e canalizacións para evitar que as augas pluviais provintes das escorrentías dos montes sigan erosionando e estropeando os camiños e ao mesmo tempo lle damos unha saída axeitada á auga que baixa con moita forza cando chove”, sinalou o tenente de alcalde.