O xurado da cata aposta pola preparación estofada para a XXI Festa do Codillo da Lama que cambia de día ao 11 de xuño

O xurado da cata da XXI Festa do Codillo apostou pola preparación  estofada e con guarnición de patacas asadas, chícharos e cenorias como especialidade que se ofrecerá o vindeiro domingo 11 de xuño ante a imposibilidade por parte da empresa de Cátering Arelas de servir o xantar o 14 de maio como estaba inicialmente previsto.

A preparación elixida polo foi a que tradicionalmente ten mellor acollida entre o público, o Codillo Estofado, que nesta ocasión rivalizou en sabor co preparado en salsa salsa de curri, con arroz, frutos secos e cabaza; e a terceira, con salsa de piquillo, montado de verduras e puré de pataca. Estas tres modalidades foron preparadas pola cociñeira de Cátering Arelas, de Vincios (Gondomar), Rosa María Fragueiro, encargada de servir os pratos durante a xornada gastronómica que se celebrará finalmente o vindeiro domingo 11 de xuño na Alameda da Lama, a data máis próxima dispoñible.

Deste xeito e co fin de evitar acumulación de público e longas colas, ampliarase a venda anticipada dos tíckets, ata o 8 de xuño, a un prezo de 12 euros, nas oficinas do Concello e poderanse tamén retirar o mesmo día da Festa na Alameda.

A apertura da caseta de servizo de racións do  codillo será polo tanto ás 13:30 horas co fin de axilizar ao máximo a súa repartición e evitar aglomeracións innecesarias. Manterase aberto ata esgotar existencias e servirase ata as 15 horas.

A INFLACIÓN OBRIGA A VOLVER A POÑER O PREZO EN 12 EUROS

Asimismo, e debido ao aumento do IPC e do custe da vida, o Concello da Lama veuse na obriga de volver situar 12 euros o prezo definitivo do pack desta festa gastronómica que, ademais do  codillo  estofado, o  adquiriente do  tícket ten dereito a un anaco de pan, cubertos e un prato de barro conmemorativo do evento que os comensais poderán levar como recordo, así como a bebida.

ACTUACIÓN DOS CATRO VENTOS, O ENCERELLADOS E A BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DA LAMA

Ademais da actividade meramente gastronómica, a  XXI  Festa  do  Codillo estará amenizada musicalmente falando pola Banda de Gaitas “Os Catro Ventos” e a Charanga “Os  Encerellados”. Pola tarde, a Banda Música Municipal da Lama ofrecerá un concerto, a partir das 20 horas, na propia Alameda.

O alcalde, Jorge Canda lamentou ter que cambiar a data de celebración da Festa do Codillo, prevista para o 14 de maio, “pero non había garantías de que todo saíra a satisfacción de todos e a empresa tiña dificultades con esa data para poder dar o servizo nas mellores condicións polo que optamos por buscar outra data máis propicia para todos e para evitar coincidir con outras celebracións, os comicios electorais e o Cristo de Xende, trasladouse ao 11 de xuño”, explicou o alcalde.