O Concello da Lama edita un Bando lembrando da obriga de rozar as fincas en solo urbano, núcleo rural e faixas de xestión

O Concello da Lama promulgou un Bando no que se lembra a toda a veciñanza a obriga de efectuar xestión de biomasa de parcelas ou terreos sitos en solo urbano, núcleo rural e faixas de xestión, mantendo as parcelas nun adecuado estado de limpeza e coa masa vexetal rozada antes do 31 de maio do ano 2023 como medida de protección contra incendios.