O Concello recibiu unha subvención de 11.700,99 euros da Deputación para a restauración e posta en valor do lavadoiro de Gabián

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na sesión do 16 de xuño de 2023, aprobou, entre outros asuntos, a concesión de subvencións para a supresión da simboloxía franquista nos espazos públicos e a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos concellos da provincia de Pontevedra para o ano 2023 (acordo no 4.32753, CSV:H70ERSACTUH7QN31), con cargo á aplicación 23/332.3322.762.00 do vixente Orzamento provincial, correspondéndolle a ese concello a cantidade de 11.700,99 euros para LIÑA B: Restauración e posta en valor do lavadoiro de Gabián.

Deste xeito o Concello de A Lama levo a cabo a seguinte contratación:

OBRAS DE RESTAURACIÓN E POSTA EN VALOR DE LAVADOIRO DE GABIÁN” tramitada mediante Contrato Menor e adxudicada por medio de Resolución de Alcaldía nº 2023-0527 de 9 de agosto de 2023, ao contratista “COCIGAL 2013, S.L..” por importe de 9.586,78 € e 2.013,22 € de IVE (Expte.: 296/2023).

A Deputación Provincial de Pontevedra achega, por medio da mencionada subvención, o importe de 11.700,99 para a realización das obras.

O lavadoiro de Gabián presentaba un estado moi desmerollado con materiais pouco adecuados na súa reforma, tales como chapa de fibrocemento e viguetas de formigón na cuberta. Así mesmo, o rexuntado dos muros de pedra se fixeron con morteiro de cemento.

Elimináronse estes materiais e empregáronse uns máis adecuados á natureza deste elemento etnográfico, tales como madeira, tella cerámica do país, na cuberta, e con morteiro de cal de dosificación 1/3 lixeiramente coloreado con pigmentos ou terras naturais, nas xuntas dos muros de pedra.

Tubaxe de polietileno á vista que daba servizo a un grifo que se reinstalou por detrás do lavadoiro sen que queda á vista. O grifo foi substituído por un con pulsador temporizado e esteticamente máis coherente co lavadoiro.

FOTOGRAFÍAS DO ESTADO NO QUE SE ATOPABA O LAVADOIRO: