Aberto o prazo ata o 21 de xuño para solicitar permiso para facer fogueiras de San Xoán en fincas privadas

O Concello da Lama abre o prazo ata o 21 de xuño para poder solicitar permiso para facer fogueiras de San Xoán en fincas privadas. Os interesados deberán presentar unha instancia e achegar o DNI da persoa responsable xunto coa referencia catastral da finca onde se vai realizar a cacharela.

Este ano, por mor da Covid-19, as fogueiras de San Xoán só se poderán facer en terreos privados xa que está prohibido que se poidan realizar en espazos públicos.

Será imprescindible que se cumpran as medidas de seguridade para evitar incendios como sanitarias respectando en todo momento as indicacións aprobadas polas autoridades sanitarias en canto a aforo e medidas de autoprotección como a utilización de máscaras.