O CONCELLO DA LAMA REPÓN UN MURO CAÍDO EN BARBEIRA DE ARRIBA E REFORZA A SEGURIDADE NO VIAL DE ACCESO A VARIAS VIVENDAS

Operarios do Concello da Lama están realizando labores de reconstrución e reforzo dun muro dun vial de acceso a varias vivendas de Barbeira de Arriba que estaba en situación lamentable e que incluso nalgún tramo comezaba a derrubarse.

Os traballos permitirán a mellora da seguridade viaria na zona así como a accesibilidade a un grupo de vivendas aos que dá servizo este vial que se veía amenazado pola posibilidade de que o derrumbe fora de maior calado.

O alcalde da Lama, Jorge Canda Martínez, supervisou a marcha dos traballos que están obrigando aos operarios municipais a levantar un forxado de formigón que reforza este acceso e que acada nalgún do seu tramo os 5 metros de altura.

Os veciños da zona agradeceron ao alcalde e ao grupo de goberno municipal os traballos realizados porque esta obra de reparación suporá unha mellora importante na accesibilidade ás súas vivendas garantindo deste xeito de modo preventivo que a acción das tormentas ou as intensas choivas deterioraran máis o muro causando un grave perxuizo aos residentes na zona.