O Concello informa de que a Xunta abre o prazo de axudas para a obtención do carné de conducir para a mocidade

O Concello da Lama informa que a Consellería de Política Social vén de anunciar unha nova convocatoria de axudas para a obtención dos permisos de condución clases B, C e D para a mocidade galega residente en Galicia, coa finalidade de mellorar a súa autonomía, mobilidade e a súa empregabilidade.

REQUISITOS

Poderán solicitar as axudas as persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos na data dee presentación da súa solicitude:

  • Ter cumpridos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención dos permi‐ sos de clase C e D, e que non superen a idade máxima que estableza a normativa vixente do Sistema nacional de garantía xuvenil.
  • Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
  • Estar inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil e figurar como beneficiaria no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Ter o/os permiso/s de conducir para o/os cales se solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de decembro de 2021 e a data de presentación da solicitude.

IMPORTE DAS AXUDAS

O importe da axuda será de 400 euros para a obtención do permiso de condución de clase B; de 650 euros para o permiso de clase C e de 1.300 euros para o permiso de clase D.

SOLICITUDES

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

O prazo de presentación de solicitudes será de un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (28 de setembro de 2022).

MÁIS INFORMACIÓN

As persoas solicitantes poderán solicitar información e asesoramento en relación coa convocatoria no teléfono 986 81 70 78 e no 986 81 70 79, tamén a través do correo electrónico xuventude.voluntariado.vigo@xunta.gal ou presencialmente na Xefatura territorial de Vigo. Consellería de Política Social. Servizo de Xuventude e Voluntariado (Praza da Estrela, s/n, 1º andar 36201 Vigo).