O Concello realiza un investimento compartido coa Consellería de Educación da Xunta no CEIP da Lama duns 15.000 euros

O Concello en colaboración coa Consellería de Cultura e Educación da Xunta levan a cabo estes días unha serie de investimentos conxuntos no CEIP da Lama que rondan os 15.000 euros e que contemplan, entre outros, a adquisición dunha barredora-pulidora para o centro, o pintado de varias aulas, a mellorouse a calefacción e a accesibilidade ao aseo do patio cuberto, o reforzo das medidas de seguridade e alarma do colexio, etc.

O concelleiro de Cultura e Deportes, Daniel Vidal, achegouse ata o centro para comprobar a marcha dos traballos iniciados polo Concello e que tiñan como obxectivo o reacondicionamento da caldeira e a calefacción do centro, o pintado de varias aulas e corredores e a eliminación de focos de humidade así como o refozo do sistema de alarma do colexio para mellorar a disuasión de calquera intromisión allea nos horarios non lectivos.

A adquisición dunha barredora-pulidora era unha vella demanda da comunidade educativa e escolar e reforzará os procesos de limpeza e hixiene no centro, especialmente na área do comedor escolar e do salón de actos, así como nos distintos corredores favorecendo deste xeito unha mellor seguridade sanitaria para os cativos.

Asimismo, o concelleiro de Cultura e Deportes, Daniel Vidal, recolleu as peticións da comunidade escolar e a dirección do centro e trasladoulle á Xunta as necesidades de impermeabilización da fachada posterior do edificio educativo, o peche do recinto escolar e a instalación de dobre xanela para gañar en eficiencia enerxética e confort do alumnado para mellorar a temperatura interior das aulas no inverno e verán.

APOSTA POLA INSTALACIÓN DO “PLAN MADRUGA”

O concelleiro responsable de Cultura e Deportes manifestou o compromiso decidido do Concello da Lama de implantar no colexio do “Plan Madruga” que permitirá unha mellor conciliación entre a vida laboral e familiar e ademais de favorecer a creación dun posto de traballo, atenderase as necesidades dos pais e nais que precisan deixar os seus cativos a cargo dunha persoa responsable mentras se dirixen ao seu posto de traballo e aínda non deu comezo a actividade docente.

Esta medida favorecerá que se manteña ou mesmo aumente o número de alumnos matriculados neste centro xa que dispoñer deste servizo evitaría que nenos e nenas deste municipio teñan que ser escolarizados noutros colexios que si dispoñen do “Plan Madruga”  e que permiten unha maior disponibilidade para pais e nais de deixar aos seus cativos nun centro educativo cando se dirixen ao seu posto de traballo.