O Concello publica un Bando para informar do novo Obradoiro de Emprego especializado en temas forestais e atención sociosanitaria

O Concello da Lama acaba de facer público un Bando no que se informa da posta en funcionamento do Obradoiro de Emprego «Lérez Verdugo 21» por parte dos concellos de Cerdedo-Cotobade e A Lama.

Aquelas persoas desempregadas e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) interesadas en participar no Obradoiro de Emprego «Lérez Verdugo 21» deben solicitar no SPEG (con cita previa ou na oficina virtual do SPEG) o seu interese en participar nos obradoiros nas seguintes especialidades:

-AGAR0309 Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.

-SSCS0208 Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.